Realización audiovisual
July 10, 2019
Gravación de imaxes submariñas para o spot publicitario do novo ron Burla Negra. O realizador galego Alfonso Torres contou con nós para este traballo. Unha experiencia única na que tivemos a oportunidade de gravar por debaixo dunha batea de mexilóns, na Pobra do Caramiñal.
O noso equipo, formado polos mergulladores Ana de Lara, Carlos Gil e máis eu, queremos darlle as grazas a todos/as os membros do equipo de produción xunto cos creadores do proxecto que sen dúbida vai triunfar.